Rex. Sanitario Nº C-15-002129

Especialistas en fisioterapia xeral na Pobra do Caramiñal

Tratamientos de fisioterapia xeral

No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro estamos especializados en tratamentos e terapias de fisioterapia xeral para pacientes de diversas idades e con diferentes lesións, doenzas ou patoloxías. A fisioterapia xeral combina a terapia manual co uso de aparatología avanzada para a curación de lesións, redución de dores e moitas outras solucións.

Adaptámonos sempre ás necesidades de cada paciente para elaborar un plan de tratamento e, no caso de que fose necesario, as sesións de rehabilitación que mellor se adapten á súa patoloxía e estado físico.

Contacte connosco se está a buscar unha clínica de fisioterapia xeral na Pobra do Caramiñal, os nosos profesionais atenderanlle de forma totalmente personalizada.

Clínica de fisioterapia

Etimoloxía de fisioterapia

Fisioterapia deriva dos vocábulos gregos Physis que significa “Natural” ou “Natureza”, e Therapéia que significa “Terapéutica”, “Tratamento” ou “Curación”.

Esta aproximación etimológica permítenos falar da fisioterapia como: “aquela parte da terapéutica que utiliza os axentes físicos fóra das radiacións ionizantes”.

Definición pola WCPT

A World Confederation For Physical Therapy ( WCPT) na Asemblea do 18 de maio de 1967, define a fisioterapia distinguindo dúas vertentes:

Por unha banda, a vertente relacional ou tamén chamada externa, que permite definir a fisioterapia como “un dos alicerces básicos da terapéutica, dos que dispón a Medicina para curar, previr e readaptar aos pacientes. Estes alicerces están constituídos pola Farmacoloxía, a Cirurxía, a Psicoterapia e a Fisioterapia”.

Por outra banda, unha vertente substancial ou interna, que acepta a definición de fisioterapia como “A arte e a ciencia do tratamento físico, é dicir, o conxunto de técnicas que, mediante a aplicación de axentes físicos, curan, preveñen, recuperan e readaptan aos pacientes susceptibles de recibir tratamento físico”.

Esta definición establece unha visión da fisioterapia como “arte e ciencia do tratamento físico”, incorpóraa como alicerce básico da terapéutica relacionándoa con outras ciencias, e fai especial fincapé no que poderiamos denominar “fins” da fisioterapia: curar, previr, recuperar e readaptar.

Definición pola OMS

O Comité de Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1968 define a fisioterapia como “A arte e a ciencia do tratamento físico por medio do exercicio terapéutico, calor, frío, luz, auga, masaxe e electricidade (...). Ademais, a fisioterapia tamén inclúe a execución de probas eléctricas e manuais para determinar o valor da afectación da inervación e forza muscular, probas para determinar as capacidades funcionais, a amplitude do movemento articular e medidas da capacidade vital, así como axudas diagnósticas para o control da evolución”.

Pida agora a súa cita previa

Non dubide en poñerse en contacto connosco ou visítenos na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal se desexa saber máis sobre os tratamentos que ofrecemos ou pedir unha cita previa.