Rex. Sanitario Nº C-15-002129

Técnicas terapéuticas chinesas na Pobra do Caramiñal

Medicina Tradicional China

No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro na Pobra de Caramiñal aplicamos os nosos pacientes diversas técnicas terapéuticas derivadas da medicina chinesa para o tratamento de diversas doenzas e patoloxías:

Clínica de fisioterapia

Acupuntura

Técnica baseada na inserción de agullas finísimas en determinados puntos sobre a superficie cutánea. Estes puntos reciben o nome de puntos acupunturales e son altamente enerxéticos, están situados ao longo do percorrido dos meridianos, canles polos que circula a enerxía do organismo denominada Qi. Mediante a inserción de agullas débese conseguir estimular a enerxía do punto.

Fitoterapia China

Esta técnica baséase no uso das plantas medicinais para o tratamento de determinadas alteracións fisiolóxicas e no tratamento de estados patolóxicos. Estas plantas medicinais utilízanse coas mesmas premisas que na medicina chinesa, débese ter en conta a Teoría do Yin e o Yang, a Teoría dos Cinco Elementos, o diagnóstico previo e finalmente a aplicación do principio terapéutico segundo a diferenza de síndromes.

Moxibustión

Esta técnica tamén se denomina acupuntural, xa que é frecuente combinala coa acupuntura nos mesmos puntos enerxéticos. O obxectivo da moxibustión é a aplicación de calor nos puntos acupunturales.

Tanto na acupuntura como na moxibustión é preciso destacar a figura dun recoñecido médico da época da dinastía Han, Hua Tuo, como pai destas dúas disciplinas e un dos pioneiros na utilización da acupuntura con fins anestésicos.

Auriculoterapia

É unha técnica acupuntural baseada na inserción de agullas no pavillón auricular, onde quedan representados todos os órganos fisiolóxicos do organismo. Todos os puntos auriculares poden estimularse tamén con sementes, bolitas e chinchetas.

Historia da medicina chinesa

A Medicina Chinesa, medicina ancestral orixinaria da antiga China, perdurou e evolucionou ao longo da historia. Durante a segunda metade do S. XX, esta terapia foi introducíndose nos países occidentais e obtivo unha gran aceptación entre os usuarios destes países que atoparon nela unha medicina diferente, nada agresiva e moi preventiva, mediante a cal se obteñen resultados eficaces e rapidamente.

A medicina chinesa é unha medicina holística, xa que entende que non existen enfermidades senón enfermos, ten en consideración non só o que sucede no órgano, senón tamén o que sucede en todo o organismo, a maneira de manifestarse, como responde as influencias externas e aos estímulos da contorna.

Os alicerces básicos da medicina chinesa son a Teoría do Yin e o Yang e a Teoría dos Cinco Elementos. Os principios e as premisas da medicina chinesa extráense directamente da filosofía tradicional taoísta, a escola do pensamento máis antiga e singular de China. A maior premisa da teoría medicinal chinesa é que toda forma de vida do universo é animada grazas a unha enerxía vital denominada “ Qi”.

O “ Qi”, substancia fundamental do organismo e do universo, impregna e penetra a totalidade do cosmos.

A dixestión, por exemplo, extrae “ Qi” da comida e a bebida e transpórtao por todo o organismo, a respiración extrae “ Qi” do aire nos pulmóns. Cando estas dúas formas de Qi reúnense no sangue, o Qi circula como enerxía vital polos meridianos ou canles enerxéticos.

Pida agora a súa cita previa

Non dubide en poñerse en contacto connosco ou visítenos na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal se desexa saber máis sobre os tratamentos que ofrecemos ou pedir unha cita previa.