Clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal

Clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal

Profesionais con formación en diferentes campos.

Saber máis

clínica de fisioterapia

O equipo de profesionais do Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro

A nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal está formada por especialistas diplomados en fisioterapia, cunha ampla formación en diferentes campos relacionados coa saúde, especialmente no campo da terapia manual. No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro adaptámonos ás necesidades de cada un dos nosos pacientes, ofrecendo atención persoalizada.

Ofrecemos servizos de fisioterapia xeral, fisioterapia uroxinecolóxica, terapia manual e medicina tradicional chinesa; adaptándonos ás patoloxías de cada cliente e ás súas necesidades individuais.

O equipo de profesionais do Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro
Coñeza a Manuel Fernández Piñeiro

Coñeza a Manuel Fernández Piñeiro

Manuel Fernández Piñeiro é diplomado en Fisioterapia pola Universidade da Coruña. Un profesional cunha sólida formación e unha clara vocación pola fisioterapia e a rehabilitación. O seu enfoque céntrase en ofrecer un tratamento especializado e completamente persoalizado para cada paciente.

Para iso, realizou diferentes cursos formativos moi específicos cos que busca axudar aos seus pacientes a recuperar a súa calidade de vida empregando os medios físicos máis axeitados e a aparatoloxía de última xeración dispoñible nas nosas instalacións.

Máis información

  • Curso de Posgrao de Fisioterapia Manipulativa Articular na Universidade da Coruña (2002-2003)
  • Seminarios de complementación para a nivelación co 2º nivel do Curso de Osteopatía da Escuela de Osteopatía de Madrid (2003)
  • Curso de Medicina Tradicional Chinesa (CEMETEC, 2004-2005)
  • Curso de Fitoterapia (CEMETEC GALICIA, 2005)
  • Curso de Fisioterapia Oncolóxica (Universidade da Coruña, 2001)
  • Formación práctica dentro do programa de "Tratamento Fisioterapéutico a Domicilio" dirixido a pacientes con Esclerose Múltiple (2001)
  • Curso de actualización en Fisioterapia Deportiva (E.U. Fisioterapia da Coruña, 2002)
  • Curso de Técnicas de Inmobilización Funcional Selectiva (Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, 2005)
  • Curso de Técnicas de Mobilización do Sistema Neuromenínxeo (Fundación Pública Hospital do Salnés, 2005)
  • Curso introdución formación GDS (Cadeas musculares) (Fortema, 2007)
  • Concepto Mulligan niveles A, B e C (Fortema, 2007-2008)
  • Formación Kinetic Control: nivel introdución e lumbar (Fortema, 2008)
  • Seminario-taller básico de Vendaxe Neuromuscular (Carballo, 2008)
  • Curso de Liberación Posicional (Pobra do Caramiñal, Galfisa, 2009)
  • Mobilización do Sistema Nervioso (Formación NOI-GROUP, Fortema, 2009)
  • Formación SMARTE Rehab: Tratamento Neurodinámico mediante o control motor (Fortema, 2010; Sean Gibbons)
  • Formación SMARTE Rehab: Liberación dos puntos gatillos miofasciais (Fortema, 2010; Sean Gibbons)
  • Deborah Falla: Exercicios terapéuticos nos trastornos da columna cervical (Fortema, 2010)
  • Formación NOI: Nivel 2: Aplicacións clínicas (Fortema, 2010)
  • Curso Fisioterapia Oro-Maxilo-Facial. Thyl Snoeck (Fortema, 2010)

Coñeza a Mª Carmen Vázquez - "Mari"

Outra das profesionais da nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal é Mª Carmen Vázquez, que tamén é diplomada en Fisioterapia pola Universidade da Coruña e conta cunha ampla experiencia as súas costas.

No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro contamos con profesionais cualificados cun amplio currículo repleto de cursos moi específicos cos que poñer fin a todos os seus problemas de saúde ou lesións.

Máis información

  • Diplomada en Fisioterapia pola Universidade da Coruña (1998-2001)
  • Curso de Fisioterapia Manipulativa Articular organizado pola E.U. de Fisioterapia e o Departamento de Fisioterapia da Universidade da Coruña (2002-2003)
  • Tres seminarios de Complementación Curricular para a nivelación co 2º nivel do Curso de Osteopatía da Escuela de Osteopatía de Madrid (2002-2003)
  • Concepto Mulligan, Nivel A (E.U. de Fisioterapia de Pontevedra, abril 2008)
  • Seminario-taller básico de Vendaxe Neuromuscular (Carballo, 2008)
  • Liberación Posicional (Pobra do Caramiñal, 2009)
  • Mobilización do Sistema Nervioso (E.U. de Fisioterapia de Pontevedra, abril 2009)
  • Técnica do Percutor Estrutural (Vigo, abril 2009)
  • Curso Fisioterapia Oro-Maxilo-Facial. Thyl Snoeck. (Fortema, 2010)
  • Tratamento fisioterapéutico da incontinencia urinaria e fecal (Conga, 2010)
Coñeza a Mª Carmen Vázquez

¿Dúbidas?

Respondémoslle as súas preguntas

Que é a fisioterapia uroxinecolóxica?

No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro ofrecemos o servizo de fisioterapia uroxinecolóxica, unha rama especializada da fisioterapia que se enfoca na valoración, prevención e tratamento das disfuncións do chan pélvico e das áreas relacionadas (urinaria, xinecolóxica, coloproctoloxía e sexual), en mulleres.

Como podo solicitar unha consulta con algún dos membros do equipo?

Para calquera dubida, cita ou consulta, póñase en contacto co noso centro ou pase a visitarnos. Os nosos profesionais do centro de fisioterapia na Pobra do Caramiñal estarán encantados de asesorarlle e guiarlle en todo o proceso de recuperación.

Que é a terapia manual na que están especializados os profesionais do Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro?

A terapia manual defínese como un conxunto de técnicas terapéuticas que os especialistas da nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal realizan coas mans para avaliar, diagnosticar e tratar disfuncións do sistema neuro-músculo-esquelético co obxectivo de mellorar a función do tecido brando, aliviar a dor, restaurar o rango de movemento articular e corrixir desequilibrios biomecánicos.

Pida agora a súa cita previa

Non dubide en poñerse en contacto connosco ou visítenos na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal se desexa saber máis sobre os tratamentos que ofertamos.