Fisioterapia uroxinecolóxica na Pobra

Fisioterapia uroxinecolóxica en A Pobra

Enfocada a mellorar o seu chan pélvico.

Saber máis

fisioterapia uroxinecolóxica

Servizo de fisioterapia uroxinecolóxica na Pobra do Caramiñal

No Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro realizamos unha serie de tratamentos fisioterapéuticos enfocados a mellorar, tratar e previr alteracións relacionadas co chan pélvico nas mulleres. Son moitas as embarazadas ou en posparto que buscan preparar o seu chan pélvico para o parto ou tratalo despois do mesmo para evitar problemas como dores ou incontinencia.

Na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal contamos cun equipo de especialistas nesta rama da fisioterapia relativamente nova.

Servizo de fisioterapia uroxinecolóxica na Pobra do Caramiñal
Como mellorar o chan pélvico co Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro?

Como mellorar o chan pélvico co Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro?

Na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal ofrecemos o servizo de fisioterapia uroxinecolóxica coa que tratamos:

  • Incontinencia urinaria
  • Preparto e posparto
  • Dor coas relacións sexuais
  • Anorgasmia
  • Inapetencias sexuais
  • Disfuncións sexuais
  • Estrinximento
  • Dolor perineal
  • Prolapso
  • Alivio de dores

Padece algún destes síntomas?

Se identifica calquera destas molestias ou outras que poidan afectar ao seu chan pélvico, non espere máis e pida a súa cita.

Chamar

Preguntas?

Todo o que ten que saber sobre a fisioterapia uroxinecolóxica

Que é o máis recomendado para mellorar o chan pélvico?

Cada caso é diferente. Non é o mesmo buscar un tratamento enfocado á prevención que a tratar algún tipo de problema concreto. Por iso, dende o Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro na Pobra do Caramiñal animámoslle a poñerse en contacto connosco ou a visitar a nosa clínica e asesorarémoslle sobre o mellor tratamento a seguir.

Que é o prolapso?

É o descenso ou caída dun ou varios órganos pélvicos dende a súa posición normal cara abaixo, podendo incluso sobresaír pola vaxina ou o recto nos casos máis graves. Prodúcese debido a un debilitamento ou dano nos músculos, ligamentos e tecidos conectivos que forman o chan pélvico.

Como podo tratar a anorgasmia?

O tratamento da anorgasmia é algo moi persoal e individualizado. As causas poden ser moi diversas, por iso é importante que si cre que padece esta patoloxía se poña en contacto cun dos nosos profesionais do Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro. Estaremos encantados de atenderlle e resolver todas as súas incógnitas.

Todo o que ten que saber sobre a fisioterapia uroxinecolóxica
clínica de fisioterapia en A Pobra do Caramiñal

Así traballamos no noso Centro de Fisioterapia Manuel Piñeiro

A fisioterapia uroxinecolóxica é un dos servizos da nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal. Esta rama baséase nos tratamentos e terapias manuais e con aparatoloxía de última xeración, para reparar ou fortalecer as pareces do chan pélvico das mulleres.

A pesar de que se tratan todo tipo de problemas relacionados co mesmo, dende o Centro de Fisioterapia de Manuel Piñeiro recomendámolo sobre todo, para aquelas mulleres que están embarazadas deran a luz recentemente.

Beneficios da fisioterapia uroxinecolóxica

  • Axuda á preparación da muller para o parto
  • Axuda á recuperación do chan pélvico posparto
  • Mellórase a calidade das relacións sexuais
  • Prevéñense lesións na zona do chan pélvico
  • Mellórase o benestar das pacientes
  • Trabállase a musculatura da zona de forma adecuada
  • Mellórase a incontinencia
Beneficios da fisioterapia uroxinecolóxica

Reserve unha cita para tratar o seu chan pélvico

Non dubide en poñerse en contacto connosco ou visítenos na nosa clínica de fisioterapia na Pobra do Caramiñal se desexa saber máis sobre este tratamento.